ir á tenda!




Toupiñ@s

Xa es usuario?
Login

Visitantes

Xa estamos na rede!

Ás 23:59* horas do 4 de maio, naceu con 125,70 MB de peso, e filla de moitas horas de insomnio, Toupa.net

1.311 fichas e artigos para arrincar, e moito, moito traballo aínda por diante. Non a presentaremos en sociedade ata dentro duns días, pero queremos ensinala aos amigos para que nos enchan o facebook, ou o buzón de correo, de mensaxes para poñela aínda máis bonita e completa para a presentación oficial.

.

Abrimos ademais un concurso para recoller todas as vosas aportacións, e recompensarvos  ;)

Axúdanos a mellorar!

.

* Técnicamente eran as 23:59… en La Habana, pero pareceunos unha estupenda homenaxe a todos os galegos no exterior  ;)

1 comment to Xa estamos na rede!

  1. Estamos (case) de aniversario !! «
    Abril 27th, 2011 as 10:30 a.m.

    [...] foi onte cando estabamos dándolle os últimos retoques á toupeira, agardando que todo fose ben o día do lanzamento: o 4 de maio de 2010… e xa vai un [...]