.
Xa estamos no segundo día do AchegArte e hoxe queremos falarvos dun proxecto que se presenta en sociedade na feira e ademais cun dos stands mais bonitos, cheo de luras e choquiños. Tamén é certo que entre animaliños as cousas sempre se levan mellor :)
.
Tinta de Lura introduce textos de poetas galegos nun soporte tan visible como son as camisolas. Unha xenial idea que xa está dispoñible na Toupa :)
.



