.
Como pasa o tempo!! Parece que foi onte cando estabamos cos últimos retoques na toupeira e agardando que todo funcionase ben o día do lanzamento: o 4 de maio de 2010… e xa vai un ano!
Polo camiño creamos 3.000 fichas de artigos, autores e editoras, que traballiño!
Ademais, con máis de 1.300 usuarios e usuarias rexistradas en Toupa.net e con 2.200 amigos e amigas entre facebook e twitter arroupándonos… que máis podemos pedir para este primeiro ano de vida?
.
Por iso, e só para os que estivéchedes máis preto de nós neste primeiro ano, queremos facervos un pequeno agasallo de aniversario:
Os pedidos que realicedes na
Toupa.net ata o 08 de maio
enviaranse sen gastos de envío !
.
E cales son as condicións? Moi sinxelas:
- Á hora de finalizar o pedido seleccionade a opción de envío Entrega Especial, que nós o enviaremos automáticamente por servizo ordinario sen custo adicional.
. - Esta promoción é válida para todos os pedidos de calquera importe que se realicen entre o mércores 27 de abril ás 10:00 e o domingo 8 de maio de 2011 ás 23:59 (os pedidos da fin de semana considéranse realizados o luns, que é o primeiro día hábil)
- A promoción é válida só para envíos a enderezos na Península Ibérica
.
Para o resto de circunstancias aplícanse as nosas condicións de servizo habituais. E por suposto, consultádenos calquera dúbida que teñades. Graciñas a tod@s!! ;)


