.
Tan contenta quedou a xente co guiso que Ugia Pedreira preparou no AchegArte que decidimos dar a oportunidade de repetir experiencia… cada un na súa casiña claro :)
Coa colaboración da nosa querida Marina xuntamos os ingredientes básicos: poesía da Mariña, fabas de lourenzá e de agasallo a receita do guiso. Iso si, reservámonos o segredo do picante daquel día. Aí, xa cada un terá que salpimentar segundo prefira ;)
.


