ir á tenda!




Toupiñ@s

Xa es usuario?
Login

Visitantes

Nós

Este é o blog da xente que facemos Toupa.net : unha TENDA WEB de artigos culturais galegos (música, libros, banda deseñada, audiovisual…)

.

A proposta de Toupa* é sinxela: Queremos construír un espazo para achegar a produción cultural con perspectiva galega a todos aqueles que cren, coma nós, en que unha visión universal e cosmopolita só pode construirse dende o recoñemento da propia identidade, dende o que somos… un espazo onde estén dispoñibles todos aqueles produtos culturais galegos que son tan difíciles de atopar nas canles convencionais.

Nós propoñémosvos empregar os libros, a música, a banda deseñada ou o audiovisual para derrubar muros e abrir vieiros… para recoñecernos e para achegarnos ao mundo, con espíritu crítico e aberto.

Non poderemos ter todo o que se crea ou transforma dende este país, polo momento… pero queremos ir construíndo… co que nos gusta e co que nos pidades, co que vos interese e co creamos que merece a pena ser coñecido… co feito aquí e co recollido polos nosos artistas e editores en todo o mundo…

Traballadores da Cultura ao voso servizo… arrincamos!

.

.

.

* As toupas somos unha especie escarvadora que habitamos en lugares con solo profundo que non sexa nin moi pedregoso, areoso ou encharcado. Achámonos con frecuencia en praderías e pastizais. No sur da nosa área de distribución estamos restrinxidas ás zonas montañosas.

Alimentámonos de invertebrados, sobre todo de miñocas… e agora tamén de cultura galega!!!