ir á tenda!




Toupiñ@s

Xa es usuario?
Login

Visitantes

Cociñando (literalmente) a presencia en Achegarte 2011

Guiso e Parolada en preparación…

.

Os ingredientes…

fabas de lourenzá

nordestin@s

ecléctica ensemble

marful, manual de sedución

noente paradise

.

Éxitos comerciais... en galego!

.

.

Quixemos facer este post aproveitando que xusto acaba de chegarnos a reedición de Na Punta do Pé, un excelente traballo audiovisual de Kalandraka, que esgotou a súa primeira edición antes de cumplir o primeiro mes na rúa…

.

.

A Cultura Galega interesa, e polo tanto tamén vende. Proba disto é a excelente [...]

Chegan dúas novas editoras

.

.

Todo o catálogo de Audia Records, selo discográfico galego especializado no ámbito do jazz, xa está dispoñible na Toupa. Vinculado a Audia, chega tamén o selo Golfiño Records, adicado a dar soporte a novas formacións musicais.

Por outra banda, tamén Alvarellos Editora incorpora unha selección do seu [...]

Novos discos na Selección PT

.

Non para de medrar a nosa selección de propostas musicais da outra beira do Miño  :)

Fixémoslle caso a Óscar Losada e incluímos varias referencias de Fausto, tamén temos dispoñible o último disco de Mísia e unha das referencias máis interesantes de António Zambujo, que tan boas [...]

Preparando o Día de Reis

PROMOCIÓN DÍA DE REIS

.

Como sabemos que sodes xente moi atarefada, na Toupeira queremos botarvos unha man, e que poidades ter a seguridade de recibir os vosos agasallos para o Día de Reis e coa comodidade de facelo nun par de clics:

Os pedidos na Toupa.net enviaranse
con servizo urxente 24/48 h !
.E cales [...]

Arrolos de Salitre

Guillerme Fernández e Xabier Díaz, membros de Berrogüetto, editan este disco composto por once cancións, no que recollen nanas tradicionais e outras de nova creación.

“Convidámosvos a durmir” é a invitación que inclúen no seu novo disco, Arrolos de Salitre, onde contan coa participación de oito artistas emerxentes galegos, os cales ceden as súas voces [...]

Selección PT

Xa tiñamos gañas de achegarnos aos veciños do Sur! Escollimos algún dos artistas imprescindibles e tamén novas propostas… agardamos que disfrutedes desta primeira selección ;)

.

Achégase o Culturgal 2010!

Do 26 ao 28 de novembro celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra o Culturgal, a Feira das Industrias Culturais. Un evento único onde poderemos compartir espazo cos creadores, selos, editoras, empresas audiovisuais, asociacións… que xeneran todos os produtos culturais que podemos ofrecervos na Toupa.net

Nós tamén estaremos, cun espazo [...]

Deica logo compañeiro!

Unha vez superados os primeiros seis meses de vida da Toupa.net, hoxe despedímonos na Toupeira de Txiki Calvo, que nos axudou moito na posta en marcha da tenda web e dos espazos na rede onde podemos falar convosco e escoitarvos.

A partir de agora Txiki seguirá traballando no eido da cultura galega, pero xa [...]