ir á tenda!




Toupiñ@s

Xa es usuario?
Login

Visitantes

Toupa.net e os contidos dixitais

.

.

No número de marzo da revista R fixéronme unha entrevista falando de Toupa.net a raíz do recente Premio Eganet. Na toupeira estamos todos moi contentos porque é a publicación con máis tirada en Galicia, e moita xente poderá coñecernos e visitarnos cando a revista chegue ás súas casas.

Despois dunha longa entrevista é inevitable ter que resumir [...]

Premio Eganet á mellor iniciativa de comercio electrónico

Premio E-Commerce 2010

Para arrincar este proxecto, pasamos tanto tempo metidos na Toupeira que nunca sabes moi ben se o traballo que se está a facer vai no bó camiño ou non… por iso, os dous premios que recibimos esta semana son tan importantes para nós.

Por unha parte recibimos o recoñecemento da xente que nos [...]

A festa da música galega

IX Premios Opinión de Música Folk

A piques de cumplir unha década, os premios entregados polo diario coruñés La Opinión son os únicos adicados á música galega, neste caso dentro do ámbito da música folc e tradicional. Grazas ao empeño persoal de Óscar Losada, Galicia conta cuns premios outorgados por un prestixioso xurado, e que [...]

Damos a benvida a unha nova editora: ATRAVÉS

.

Estamos moi ledos, porque cada vez atopamos máis compañeiros nesta viaxe pola produción cultural galega. Desta volta sumamos todas as referencias de Através Editora, a nova marca editorial da Associaçom Galega da Língua (Agal),

Con eles chégannos obras recén saídas do forno como Animais!, un álbum escrito e ilustrado por Séchu Sende, ou o primeiro poemario de Ugia Pedreira [...]

Hoxe pechamos por casamento! ;)

Este venres 13 tedes que desculparnos, pero unha das nosas compañeiras decidiu dar o “si, quero”… e toda a toupeira marcha de festa!! :D

Eiiiiiiiiiiiiiii!

Eiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii !

.

Están tolos estes rusos do Ortegal… só tedes que darvos unha volta pola web dos Crebinsky, para facervos unha idea de por onde van os tiros do filme galego máis interesante dos últimos anos.

Na Toupa xa temos a banda sonora do filme Crebinsky, que mestura as paisaxes cinematográficas do Ortegal [...]

A toupiña Antía

Estamos moi, moi led@s… porque unha das nosas compañeiras na toupeira acaba de ser nai. Benvida Antía!

Tamén escriben sobre nós en papel salmón!

Toupa.net en Expansión

Esta semana saímos en Expansión, onde adican case media páxina a explicar o proxecto da Toupa.

Fíxonos ilusión, sobre todo, porque ler sobre a “Cultura Galega” nun medio de información empresarial e económica non está nada mal nestes tempos que corren  ;)

Unha Toupa na Radio Galega

Convidado por Radio Oceánica, o Txiki estivo a conversar na Radio Galega sobre Toupa.net e sobre cultura e música galega… e ata lle deixaron pinchar uns temiñas  :)

Podedes escoitalo aquí (cara a segunda parte do programa)

aló irmao!

É un dos traballos musicais más agardados dos últimos tempos, un disco e un dvd que nos permite recuperar o vivido en dúas noites máxicas de xuño en Compostela. Un traballo erguido a catro mans entre Galiza e Guiné Bissau.

Foi xusto fai un ano, cando estes dous músicos [...]