ir á tenda!




Toupiñ@s

Xa es usuario?
Login

Visitantes

As fabas de lourenzá

Poesía e Fabas de Lourenzá

.

Tan contenta quedou a xente co guiso que Ugia Pedreira preparou no AchegArte que decidimos dar a oportunidade de repetir experiencia… cada un na súa casiña claro  :)

Coa colaboración da nosa querida Marina xuntamos os ingredientes básicos: poesía da Mariña, fabas de lourenzá e de agasallo a receita do guiso. Iso si, reservámonos [...]

Chegan as camisolas de Tinta de Lura!

Camisolas Tinta de Lura

.

Xa estamos no segundo día do AchegArte e hoxe queremos falarvos dun proxecto que se presenta en sociedade na feira e ademais cun dos stands mais bonitos, cheo de luras e choquiños. Tamén é certo que entre animaliños as cousas sempre se levan mellor  :)

.

Luras e Choquiños no AchegArte!

Tinta de [...]

Novidades, novidades e algunha novidade máis

.

Unha morea de novas referencias enchen a toupeira! Normalmente temos que andar furando entre catálogos de distribuidoras e almacéns, pero fainos especial ilusión que cada vez máis editoras e autores se poñan en contacto directamente connosco para enviarnos as súas obras. Como hai moito que contar decidimos facervos un resume cos novos libros que podedes [...]

Éxitos comerciais... en galego!

.

.

Quixemos facer este post aproveitando que xusto acaba de chegarnos a reedición de Na Punta do Pé, un excelente traballo audiovisual de Kalandraka, que esgotou a súa primeira edición antes de cumplir o primeiro mes na rúa…

.

.

A Cultura Galega interesa, e polo tanto tamén vende. Proba disto é a excelente [...]

Chegan dúas novas editoras

.

.

Todo o catálogo de Audia Records, selo discográfico galego especializado no ámbito do jazz, xa está dispoñible na Toupa. Vinculado a Audia, chega tamén o selo Golfiño Records, adicado a dar soporte a novas formacións musicais.

Por outra banda, tamén Alvarellos Editora incorpora unha selección do seu [...]

Chegou o día!

Estamos tan metidos na toupeira que ás veces nin somos conscientes da realidade que nos rodea. É broma! Si que sabemos pero é que non paramos de meter artigos, de coñecer xente, de contactar autores, de seguir de perto novos proxectos… e todo sen saír do noso niño. Hai uns días metimos unha manchea de [...]

Damos a benvida a unha nova editora: ATRAVÉS

.

Estamos moi ledos, porque cada vez atopamos máis compañeiros nesta viaxe pola produción cultural galega. Desta volta sumamos todas as referencias de Através Editora, a nova marca editorial da Associaçom Galega da Língua (Agal),

Con eles chégannos obras recén saídas do forno como Animais!, un álbum escrito e ilustrado por Séchu Sende, ou o primeiro poemario de Ugia Pedreira [...]

Se o di o Jaureguizar...

Nunha recente entrevista o sempre franco Jaureguizar falaba de literatura galega e principalmente de escritores… pero o fío introdutor do artigo que podedes ler no link do final é “A Grande Novela Galega“. Segundo el non será Manolo Rivas quen a escriba, tal é como lle pedira Torrente Ballester antes de morrer se non que [...]

Unha de publirreportaxe!

Non é un formato moi extendido na nosa cultura pero se cadra habería que ir pensando en retomar este fermoso costume da publirreportaxe para que, a aqueles que nos entra todo polos ollos, nos resulte máis doado caer na tentación de achegarmos a un libro.

Neste caso facemos unha breve [...]

Novo módico no prelo

Presentamos hoxe o primeiro módico da editorial Positivas: O Alienista. Unha novela do Machado de Assis o pai do realismo literario en portugués e un dos escritores máis influíntes da literatura sudamericana e se cadra do mundo.

O libro ven publicado na súa versión orixinal, algo que non debe ser un problema para @s nos@s amig@s [...]