Poesía e Fabas de Lourenzá
.
Tan contenta quedou a xente co guiso que Ugia Pedreira preparou no AchegArte que decidimos dar a oportunidade de repetir experiencia… cada un na súa casiña claro :)
Coa colaboración da nosa querida Marina xuntamos os ingredientes básicos: poesía da Mariña, fabas de lourenzá e de agasallo a receita do guiso. Iso si, reservámonos [...]
Continuamos falando sobre as novidades dos últimos días… e hoxe toca música!
Un disco ben interesante é o recompilatorio que lanza Quempallou. Cinco cortes de cada un dos seus discos, para celebrar once anos de festa enriba dos escenarios.
.
Pola súa banda Audia Records achegounos o disco de 3Azoteas (Miguel [...]
.
.
Quixemos facer este post aproveitando que xusto acaba de chegarnos a reedición de Na Punta do Pé, un excelente traballo audiovisual de Kalandraka, que esgotou a súa primeira edición antes de cumplir o primeiro mes na rúa…
.
.
A Cultura Galega interesa, e polo tanto tamén vende. Proba disto é a excelente [...]
.
.
Todo o catálogo de Audia Records, selo discográfico galego especializado no ámbito do jazz, xa está dispoñible na Toupa. Vinculado a Audia, chega tamén o selo Golfiño Records, adicado a dar soporte a novas formacións musicais.
Por outra banda, tamén Alvarellos Editora incorpora unha selección do seu [...]
.
Non para de medrar a nosa selección de propostas musicais da outra beira do Miño :)
Fixémoslle caso a Óscar Losada e incluímos varias referencias de Fausto, tamén temos dispoñible o último disco de Mísia e unha das referencias máis interesantes de António Zambujo, que tan boas [...]
Guillerme Fernández e Xabier Díaz, membros de Berrogüetto, editan este disco composto por once cancións, no que recollen nanas tradicionais e outras de nova creación.
“Convidámosvos a durmir” é a invitación que inclúen no seu novo disco, Arrolos de Salitre, onde contan coa participación de oito artistas emerxentes galegos, os cales ceden as súas voces [...]
Xa tiñamos gañas de achegarnos aos veciños do Sur! Escollimos algún dos artistas imprescindibles e tamén novas propostas… agardamos que disfrutedes desta primeira selección ;)
.
IX Premios Opinión de Música Folk
A piques de cumplir unha década, os premios entregados polo diario coruñés La Opinión son os únicos adicados á música galega, neste caso dentro do ámbito da música folc e tradicional. Grazas ao empeño persoal de Óscar Losada, Galicia conta cuns premios outorgados por un prestixioso xurado, e que [...]
.
Estamos moi ledos, porque cada vez atopamos máis compañeiros nesta viaxe pola produción cultural galega. Desta volta sumamos todas as referencias de Através Editora, a nova marca editorial da Associaçom Galega da Língua (Agal),
Con eles chégannos obras recén saídas do forno como Animais!, un álbum escrito e ilustrado por Séchu Sende, ou o primeiro poemario de Ugia Pedreira [...]
Na toupeira gostamos da boa música e, por suposto, dos bos músicos… é por iso que esta semana decidimos adicarlle un anaco da nosa portada a Xacobe Martínez Antelo. Un home multitarefa que anda en tantos proxectos que mesmo nos custa traballo localizarllos todos. Aínda así, tivo a ben botarnos unha mao nesta esgotadora pesquisa [...]