Eiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii !
.
Están tolos estes rusos do Ortegal… só tedes que darvos unha volta pola web dos Crebinsky, para facervos unha idea de por onde van os tiros do filme galego máis interesante dos últimos anos.
Na Toupa xa temos a banda sonora do filme Crebinsky, que mestura as paisaxes cinematográficas do Ortegal [...]
Así dicía o Xabarín nas tardes estivais da década pasada… ou da outra máis. Aquí o que hai son Toupas que levaban furando por outras galerías e a pouco máis se lles esquece o camiño de volta ao blog!
Un mes de ausencia no que teñen pasado moitas cousas así que iremos retomando o fío aos [...]
É un dos traballos musicais más agardados dos últimos tempos, un disco e un dvd que nos permite recuperar o vivido en dúas noites máxicas de xuño en Compostela. Un traballo erguido a catro mans entre Galiza e Guiné Bissau.
Foi xusto fai un ano, cando estes dous músicos [...]
Agora que andamos a editar e subir máis de 1.000 portadas e cubertas, hai que recoñecer que a de Kosmogonías é moi bonita :)
Do encontro de música xove da pasada fin de semana, un dos proxectos a seguir é sen dúbida Yoplay. Uns mozos novísimos, que están a piques de publicar álbum. Haberá que escoitalo!
O grupo coruñés acaba de sacar á luz o videoclip da canción “Sin embargo”. Realizado por Miguel Mariño, un petisco máis do seu estupendo album “La guerra del volumen”. Diversión asegurada!!
Nouvelle Cuisine - Sin Embargo de Nouvelle Cuisine no Vimeo.
Un Teatro Rosalía ateigado, aos pés de sete damas extraordinarias. Sen dúbida, a música galega ten nome de muller.
Calidade de son e vídeo de móbil… éche o que hai :)
A semana pasada xa o tiveran que suspender por causa da Cicloxénese Explosiva (máis que explosiva foi esquiva) pero desta volta é seguro que estaremos aí falando das cousas que “sabemos”. O Sergio seica vai falar de autoeditar en físico e eu de dixital. Pero non só estaremos alí para a nosa palestra senon [...]
Cumpríanse 173 anos do nacemento de Rosalía de Castro. E ese mesmo día, no Salón Teatro de Compostela, chegou por fin a Galicia o pranto de Rosalía en chave de jazz… Rosalía 21
Hoxe chegou ás nosas mans esta pequena alfaia da cultura galega. Xa nos tarda poñelo en reprodución e deixar que aloumiñe as nosas orellas… Magín Blanco, Guadi cantando con esa voz de fada, as U(x/g)ias e un tal Fred Martíns que descubrín o outro día polo Spotify e foi un grande [...]