ir á tenda!




Toupiñ@s

Xa es usuario?
Login

Visitantes

Deica logo compañeiro!

Unha vez superados os primeiros seis meses de vida da Toupa.net, hoxe despedímonos na Toupeira de Txiki Calvo, que nos axudou moito na posta en marcha da tenda web e dos espazos na rede onde podemos falar convosco e escoitarvos.

A partir de agora Txiki seguirá traballando no eido da cultura galega, pero xa [...]

Chegou o día!

Estamos tan metidos na toupeira que ás veces nin somos conscientes da realidade que nos rodea. É broma! Si que sabemos pero é que non paramos de meter artigos, de coñecer xente, de contactar autores, de seguir de perto novos proxectos… e todo sen saír do noso niño. Hai uns días metimos unha manchea de [...]

Ao sol que máis quenta...

Babexamos ao ver as fotos dos confíns do mundo coñecido a onde ten chegado a toupabag… (grazas Xema) así dá gusto!!! Nos xa sabedes que andamos baixo terra fura que te fura e claro… non temos tempo para estes leceres pero bueno, se un día saímos á superficieeeeeeeeee OMG (oh mai godiño que [...]

Hoxe pechamos por casamento! ;)

Este venres 13 tedes que desculparnos, pero unha das nosas compañeiras decidiu dar o “si, quero”… e toda a toupeira marcha de festa!! :D

A toupiña Antía

Estamos moi, moi led@s… porque unha das nosas compañeiras na toupeira acaba de ser nai. Benvida Antía!

Gañando amigos!

Cando nos plantexamos a posibilidade de ir ao Festigal deste ano… non tiñamos claro cal era o xeito de “posta en escea” máis óptimo para a Toupa. Finalmente e tras moito pensar e calcular optamos polo traballo de guerrilla, o corpo a corpo co visitante. Pois ben, xa podemos afirmar sen medo a errar que [...]

Ao Festigal!!

Estamos traballando na nosa incursión de guerrilla toupil no Festigal. Andaremos no medio da xente regalando caralladiñas e falando con toda persoa interesada no noso proxecto.

Tamén estaremos presentando o proxecto na haima das Novas Tecnoloxías o sábado contra as 7 da tarde. Esperamos vervos por alí e escoitar todas as vosas [...]

Tamén escriben sobre nós en papel salmón!

Toupa.net en Expansión

Esta semana saímos en Expansión, onde adican case media páxina a explicar o proxecto da Toupa.

Fíxonos ilusión, sobre todo, porque ler sobre a “Cultura Galega” nun medio de información empresarial e económica non está nada mal nestes tempos que corren  ;)

Unha Toupa na Radio Galega

Convidado por Radio Oceánica, o Txiki estivo a conversar na Radio Galega sobre Toupa.net e sobre cultura e música galega… e ata lle deixaron pinchar uns temiñas  :)

Podedes escoitalo aquí (cara a segunda parte do programa)

Unha Toupa con ADN lucense!

Unha portada mundial!

Este mércores estivemos de presentación en Lugo, coa xente da Fundación CEL, o lugar onde a idea de Toupa.net comezou a bulir polas nosas cabezas e onde nos axudaron a comezar a darlle forma.

Saímos en varios medios hoxe… en Código Cero, onde sempre nos tratan tan ben, en La Voz, en Expansión, [...]